Valoración del audiolibro: 7.16 de un máximo de 10
Votos: 447
Autor(a) de la reseña:Xasinto Maya
Reseña valorada con una puntuación de 8.48 de un máximo de 10
Fecha reseña: 2/7/2018
Duración: 29 minutos (20 MB)
Fecha creación del audiolibro: 23/07/2018
Puedes escuchar el audiolibro en estos formatos: WAV - FLAC - OGG - WMA - MPEG4 - Vorbis - MP3 - AC3 (compresión JAR - LZO - RAR - EML - ZIP)
Incluye un resumen PDF de 3 páginas
Duración del resumen (audio): 3 minutos (1.5 MB)
Servidores habilitados: MyUpload - MEGA - Hotfile - Uploaded - Microsoft OneDrive - Torrentz2 - RARBG - Dropbox - BitShare - Google Drive
Encuadernación del libro físico: Tapa Dura
Descripción o resumen: Mamá gastou todos os seus aforros. Comprou un billete para unha embarcación que nos debía levar a unha terra Onde as nenas non dormen en caixas nin as mamás choran. OQO editora, nunha nova mostra do seu compromiso cos temas sociais, publica o segundo título da Colección Qontextos. Trátase de Caixa de cartón, do autor biscaíño Txabi Arnal, unha obra coa que dá continuidade ao proxecto editorial iniciado en 2008 e que pretende reservar un espazo do catálogo para algúns temas pouco habituais na literatura infantil e xuvenil, coma por exemplo, a guerra, as desigualdades sociais ou a existencia de réximes antidemocráticos. Neste álbum, Txabi Arnal e o ilustrador iraniano Hassan Amekan únense para ofrecer unha crónica da inmigración, mais desde un punto de vista moi diferente ao que a diario nos presentan os telexornais e periódicos. Nestas páxinas non hai análises de xornalistas, nin estatísticas; só a voz valente dos protagonistas deste auténtico drama humano e vai ser unha nena inmigrante a que en primeira persoa nos relate a súa historia. O xénero autobiográfico convértese aquí nun vehículo idóneo para trasladar as experiencias dos que emigran. Pero o seu testemuño alén de ofrecernos unha perspectiva máis humana da inmigración, vainos descubrir a complexidade deste fenómeno que presenta caras moi distintas: a cara da fame e da miseria nos países de orixe, a cara das mafias que trafican con persoas, a cara do odio e da xenofobia coa que o primeiro mundo recibe os estranxeiros… E pese a esta realidade tan desoladora, en Caixa de cartón hai esperanza. Porque esta historia tamén fala de solidariedade, dese vínculo fraternal que se establece entre os inmigrantes; e de segundas oportunidades, como a desta nena que tras perder todo, finalmente é adoptada por unha familia e atopa un novo fogar. O encargado de poñerlles rostro aos personaxes creados por Txabi Arnal nesta ocasión é Hassan Amekan. O ilustrador consciente das penalidades que viven os inmigrantes, sobre todo se son ilegais, constrúe unhas figuras e uns escenarios que parecen de cartón, material co que tenta que nos fagamos unha idea da fraxilidade e desamparo destes seres. Para lograr este efecto, utiliza un papel fino e delicado sobre o que comp&