Descripción o resumen: Despois da chuvia é unha fábula moderna sobre a superación das adversidades, a adaptación ao medio e a colaboraciónduns cos outros para a supervivencia do colectivo. Un diluvio inunda o bosque e os seus habitantes terán que saír adiante nun improvisado refuxio. Un pequeno raposo ofrecerasepara buscar comida e auga, pero o grupo non cre nas súas capacidades -nin nas súas intencións-e encomenda esas tarefas a outros animais. Na obra galardoada co VIII Premio Internacional Compostelade Álbum Ilustrado están presentes a solidariedade e o traballo en equipo na busca do ben común,que non depende do luxo, senón de elementos esenciais -e mesmo inmateriais- para atender as necesidades básicas.Nunha lectura máis profunda, o raposo -identificado na literatura e na cultura popular como un ser astuto e enganoso- motivaa desconfianza dos seus compañeiros, aos que este personaxe acabará sorprendendo cunha valiosa achega que supera as expectativas de todos. O protagonista deste relatoenterneceranos coa súa inocencia cando -inxenuamente- pretende conseguir o inacadable.