Descripción o resumen: A partir de 12 anos. No peto de ánimas da Leira dos Pintado, en Ponterrubiáns, cinco versos proporcionan unha misteriosa clave: A entrada no Ceo ten catro chaves Deus bica a primeira A segunda coas criaturas A terceira pola fe explicada A cuarta portéxena os lobos Trátase das pistas que, segundo unha vella lenda, permitirían descubrir o tesouro que un bispo do século XVIII agachara na vila. A desaparición da súa profesora levará a Natalia e Guillerme, compañeiros de instituto -mais non moi amigos, que digamos-, a adentrárense no enigma, que se acaba convertendo nunha perigosa aventura na que só contarán coa axuda da súa intuición e intelixencia, ademais dun vídeoxogo de última xeración.