Descripción o resumen: "No patio da escola había unha árbore. Só unha. A Pedro gustáballe correr preto daquela árbore duranteos recreos. Cando pasaba ao seu lado mirábaa de esguello, para non chocar con ela. Un día, detívose e fixouse no seu aspecto. Era moi delgada, con pólas finas,como de arame, e tiña unhas poucas follas secas. Pedro achegouse e acariñou o seu tronco "A importancia da educación ambiental, o contacto directo do alumnado coa natureza para a súa formación integrale o espírito colaborativo na comunidade educativa están presentes en A árbore da escola. Esta historia de estrutura circular narra-cunha linguaxe sinxela- a relación entre un neno e unha pequena árbore que vai medrando grazas ao agarimo que recibe del, e ao afecto doutros compañeiros que seguen o seu exemplo.Malia a reticencia inicial a que interactuaran coa árbore, a propia mestra acaba sumándose tamén á iniciativa dos alumnos,que conseguen chamar a atención dos botánicos.