Descripción o resumen: Melchor Sabichón preséntase ao concurso «Na busca do neno máis listo» pero, malia ter preparado moitos e moi sesudos temas,non esperaba enfrontarse a unha materia descoñecida: os pés. O protagonista atopará nun libro todo canto necesita sabersobre esas extremidades inferiores: os tipos de pés, a súa anatomía e a función que cumpren para que poidamos camiñar e correr,o número de ósos que teñen, curiosidades sobre as unllas ou as pegadas que deixamos Teño uns pés perfectos é un libro dentro doutro libro, cunha parte de creación literaria e outra informativa, diferenciadas na obraimpresa pola cor do papel. Os lectores acompañarán a Melchor no seu descubrimento de todo canto precisa aprender sobre os péspara -cos coñecementos adquiridos- presentarse ao concurso, tendo chegado á conclusión de que ás veces o inmediato pásanosmáis desapercibido