Descripción o resumen: Novo título da nosa colección de álbumes con música para os máis pequechos da casa. Desta volta serán Os Tres TENedORES os que nos agasallarán cunha pequena alfaia musical e de ilustración (responsabilidade de Dani Padrón) titulada COCIDO SINFÓNICO. Estamos diante dunha apaixonante viaxe na que tres cociñeiros moi tolos van preparar un cocido a base de sinfonías de toda clase. Con sabor a rap, con sabor a rock. Todo anegado con moito humor. Un sinfonicocido de primeirísimo nivel.