Descripción o resumen: A colección Polo Correo do Vento, preparada por Mau e Pin, dirixida a escolares de seis anos en diante, está concibida para inicialos no coñecemento da natureza galega e doutros temas relacionados coa cultura de noso, ademais de facer moito fincapé na onomástica galega. Cada un dos volumes complétase cun epílogo, «¿Qué aprendiches?», con actividades lúdicas que pretenden facilitar o labor dos pais ou dos mestres á hora de traballar a comprensión do texto, ademais dunha páxina dedicada a colorear os animais protagonistas de cada un dos volumes.