Valoración del audiolibro: 7.74 de un máximo de 10
Votos: 127
Autor(a) de la reseña:Mari Vibar
Reseña valorada con una puntuación de 8.7 de un máximo de 10
Fecha reseña: 6/9/2018
Duración: 30 minutos (20 MB)
Fecha creación del audiolibro: 13/07/2018
Puedes escuchar el audiolibro en estos formatos: MP3 - WavPack - MPEG4 - FLAC - WMA - Vorbis - AIFF - WAV (compresión ZIP - ALZ - 7-ZIP - RAR)
Incluye un resumen PDF de 4 páginas
Duración del resumen (audio): 2 minutos (2 MB)
Servidores habilitados: Dropbox - Filedropper - MEGA - Uploaded - Hotfile - Microsoft OneDrive - JumpShare - FreakShare
Encuadernación del libro físico: Tapa Dura
Descripción o resumen: Unha balea solitaria que percorre o mar buscando a súa manda. Un cazador que a persegue sen descanso e non parará ata darlle alcance. Dous protagonistas, e como escenario o inmenso e misterioso océano. Nunha clara homenaxe da autora ao clásico de Herman Melville, Moby Dick, e na liña da tradición dos mellores relatos de aventuras, Paloma Sánchez asina esta narración épica que OQO editora publica dentro da súa Colección Q. Trátase dunha epopea moderna sobre a loita dun home contra as forzas da natureza, pero a obra ofrece ademais outro nivel de lectura máis intimista. Porque esta tamén é unha historia que fala de soidades: a dun vello lobo de mar no seu barco e a dunha balea que un día perdeu o seu grupo nunha tormenta. A autora fragmenta o discurso narrativo en escenas. Cada unha comeza cun verbo: Amañece… ou Anoitece… seguido de puntos suspensivos. Así sabemos que ao día lle sucede a noite, e a cada noite outro día, nunha sucesión que parece non ter fin. Mais ao cazador nada lle importa salvo capturar a súa présa. A súa obsesión non coñece límites, é eterna. Iban Barrenetxea, neste primeiro traballo como ilustrador de álbum, opta por eliminar calquera elemento superfluo que poida distraer a atención dos dous protagonistas da historia. O mariño que debuxa é un home recio, curtido, centrado unicamente na súa persecución, por iso sempre aparece agarrado ao arpón, mesmo cando dorme. Alén desta faceta, o personaxe presenta, sobre todo durante a noite, un lado máis humano. Entón o cazador aparece mirando o ceo, fascinado pola beleza que o rodea, e o seu aspecto suavízase mediante o vestiario (camisón e gorro de durmir). Neses momentos xa non desexa loitar contra a natureza, senón fundirse con ela. As ilustracións tratan de reflectir a soidade dos personaxes e tamén os seus estados de ánimo. Para recrear as emocións dos protagonistas, Iban recorre a imaxes surrealistas coma mares de follas, de xirasoles, de cadeas… Outras veces son o sol e a lúa, coa súa presenza maxestosa, os que nos dan as pistas para interpretar o que vemos. O ilustrador xoga co tamaño dos obxectos. Ora son ridiculamente pequenos (o minúsculo barco do cazador), ora desmedidamente grandes, coma o