Valoración del audiolibro: 8.84 de un máximo de 10
Votos: 538
Autor(a) de la reseña:Ascension Ruiz Sánchez
Reseña valorada con una puntuación de 8.47 de un máximo de 10
Fecha reseña: 1/8/2018
Duración: 1 hora con 13 minutos (48 MB)
Fecha creación del audiolibro: 06/07/2018
Puedes escuchar el audiolibro en estos formatos: WMA - MP3 - MPC - MPEG4 - AC3 - WavPack - WAV - FLAC (compresión ZIP - LZO - CHM - DMG - 7-ZIP - RAR)
Incluye un resumen PDF de 7 páginas
Duración del resumen (audio): 5 minutos (3.5 MB)
Servidores habilitados: FreakShare - MEGA - Filedropper - Dropbox - Microsoft OneDrive - ADrive - 4Shared
Encuadernación del libro físico: Tapa Dura
Descripción o resumen: «Non creo que se medre por ler un libro», fungaba Miguel. «Pois eu, cada vez que entro nun, saio diferente. Un levoume a coñecer unha illa habitada por un náufrago; outro á lúa, montado nunha bala de canón», dixo o avó, «Colle ese que está aí e ábreo pola última páxina. Ves o punto final?» Entón comezou a aventura… Miguel escorrega a través do punto final dun libro e cae nun delirante mundo de fantasía. Con Xelá, Álex se o lemos ao revés, navega por un río de vidro nunha bañeira de vapor con patas de león, viaxa por desertos de azucre… Esta é unha historia sobre o crecemento persoal, e sobre a importancia que os soños teñen na formación dos máis pequenos e no seu desenvolvemento posterior como adultos. O libro e a lectura representan unha ponte entre os soños, que todos precisamos, e a realidade de cada día. No mundo do imaxinario todo é posible, e o protagonista, ao que non lle gusta ler nin imaxinar, vai descubrir o pracer da creatividade e a imaxinación, xunto coa afectividade. Desde o punto de vista plástico, Marta Torrão ofrécenos unhas ilustracións onde o seu particular imaxinario de personaxes adquire unha nova dimensión, máis depurada, na que xoga con dous niveis de acabamento: o debuxo a lapis en branco e negro para algúns momentos, e a recreación combinada de debuxo e colaxe a cor para os momentos de maior intensidade da historia. Coa mestura do marabilloso e do fantástico, asentado na base do real, esta é unha historia para ler, reler e redescubrir en cada lectura. Velaquí unha ocasión para nos converter, como lectores, en creadores de soños, en loitadores sen armas. Texto de Alexandre Honrado Ilustracións de Marta Torrão Tradución do portugués de Verónica Camiña